29
- Será este xoves entre as 10:00 e as 13:00 horas
Este xoves, entre as 10:00 e as 13:00 horas, o campo de San Fins do Castro acollerá a tradicional recreación da Romería de Inverno, outra das actividades enmarcadas dentro da programación de outono do Concello.
As actividades inclúen música en directo con Cé Orquestra Pantasma e O Son do Castro ademais de baile, contacontos a cargo de Anxo Moure, percorridos no tren turístico polos lugares máis emblemáticos do municipio e degustación de castañas. Non faltará, por suposto, o famoso Berro Seco.