Este domingo houbo en Cabana de Bergantiños unha concentración veciñal ás 12:00 horas na ponte de Xabarido. Veciños e veciñas reclaman unha nova ponte para poder acceder as súas vivendas. O estado da estrada non é moi adecuado e a pequena ponte atópase moi deteriorada e abandonada. Segundo informan, a Deputación da Coruña xa anunciara fai anos a licitación das obras de mellora que solucionaría esta precaria situación da estrada DP-1405 que une os Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños, cruzando un treito entre as parroquias de Langueirón e Corcoesto.
Aseguran que, tras varias licitacións, por parte da Deputación da Coruña, que quedaron desertas, os residentes da zona así como os usuarios da ponte piden que se volva a quitar esa licitación aumentando o orzamento, “senón non hai empresa que queira coller a obra”, afirman. Mentras tanto, piden precaución nese punto da estrada porque a posibilidade de que a ponte se desplome no río “non a podemos descartar”, conclúen.