Cabana | Veciños de Corcoesto piden que se repare a ponte de Xabarido

Cedida.

Este domingo houbo en Cabana de Bergantiños unha concentración veciñal  ás 12:00 horas na ponte de Xabarido. Veciños e veciñas reclaman unha nova ponte para poder acceder as súas vivendas. O estado da estrada non é moi adecuado e a pequena ponte atópase moi deteriorada e abandonada. Segundo informan, a Deputación da Coruña xa anunciara fai anos a licitación das obras de mellora que solucionaría esta precaria situación da estrada DP-1405 que une os Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños, cruzando un treito entre as parroquias de Langueirón e Corcoesto.

Aseguran que, tras varias licitacións, por parte da Deputación da Coruña, que quedaron desertas, os residentes da zona así como os usuarios da ponte piden que se volva a quitar esa licitación aumentando o orzamento, «senón non hai empresa que queira coller a obra», afirman. Mentras tanto, piden precaución nese punto da estrada porque a posibilidade de que a ponte se desplome no río «non a podemos descartar», conclúen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha