‘Cabo Ortegal. Unha viaxe ao centro da Terra’ | Presentación en Fitur o día 21

1 minutes read

O acto, da Deputación da Coruña, terá lugar no stand de Galicia ás 12:00 horas en Fitur Madrid, un dos principais escaparates mundiais do sector turístico en que se dan cita os máis importantes axentes do sector. Neste contexto, é unha ocasión de especial relevancia para impulsar o Proxecto de Xeoparque de Ortegal e, de maneira especial, os importantes avances que se desenvolveron con respecto á candidatura, camiño da súa certificación como Xeoparque.

Desde empresarios como Roberto Tojeiro ata o coreógrafo e director da compañía Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, pasando por xogadores do equipo de voleibol Aldebarán de San Sadurniño ou o propietario do centro equestre Granxa do Souto, son os encargados de poñerlle voz a proxectos que se están a desenvolver no territorio do Xeoparque de Ortegal. As súas intervencións, xunto coas dos alcaldes e alcaldesa dos sete concellos do Xeoparque e a do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, están a ser recollidas en pequenos documentos audiovisuais para a ocasión.