Esta foi a principal conclusión do balance que realizou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para dar a coñecer os últimos datos de recollida selectiva dispoñibles, acompañada do representante de Ecoembes en Galicia, Bruno de Llano.
Cada galego reciclou unha media de 14,6 kg de envases domésticos de plástico, metal e brik –residuos que se depositan no contedor amarelo e 15 kg de papel e cartón a través dos contedores de cor azul .
Con respecto aos chamados envases lixeiros, o incremento foi dun 13,4% con respecto ao ano anterior, un total de 1,6 kg máis, tendo en conta os últimos cinco anos a cantidade depositada nos contedores amarelos se incrementou nun 42%, un reflexo do crecente compromiso cidadán coa reciclaxe deste tipo de refugallos.
Sobre a implicación cidadá coa reciclaxe a través do contedor azul, cada galego depositou o ano pasado un 1,2% máis de papel e cartón que o exercicio anterior, que se traduce nun aumento de 0,1 kg.
Ángeles Vázquez indicou que aínda que o incremento do ano pasado pode parecer máis modesto, mantense a tendencia á alza detectada desde 2016, cun incremento das taxas de reciclaxe deste tipo de refugallos do 13% nos últimos cinco anos.
En total, a Comunidade reciclou 71.130 toneladas de envases domésticos procedentes dos contedores amarelos e do contedor azul (papel e cartón) que foron enviadas a instalacións recicladoras homologadas.