Os ataques producíronse en seis puntos diferentes, entre eles na rúa onde está a principal sinagoga da cidade. Respecto á identidade e a motivación dos atacantes, as autoridades dixeron que aínda é pronto e que a situación aínda non está clara. O ministro do Interior, Karl Nehammer, explicou que hai “varios atacantes” fortemente armados e perigosos e pediu á poboación que non salga á rúa, xa que o ataque non se dá por terminado e continúa a operación para localizar os presuntos terroristas. Os servizos sanitarios estableceron un punto de emerxencia no centro da cidade para atender os feridos segundo a súa gravidade. Fontes médicas citadas pola televisión pública citan polo menos unha quincena de feridos, deles sete graves. Catro persoas morreron, varios civís e un presunto atacante.