Estaba acusada de asasinar, xunto a outras dúas persoas entre os anos 2000 e 2007, a nove inmigrantes e unha policía. Este xoves, o Tribunal Supremo de Alemaña sentenciaba para ela a cadea perpetua.
Zschäpe formaba parte do trío terrorista neonazi Clandestinidade Nacionalsocialista. Os outros dous membros, Uwe Mundlos e Uwe Böhnhardt, foron os autores materiais dos asasinatos a tiros de nove pequenos empresarios de orixe turca e grego, e dunha muller policía. En 2011 suicidábanse tras ser acurralados pola policía tras un atraco errado.
Tras cinco anos de proceso o Supremo confirmaba a anterior sentenza da Audiencia Territorial contra a líder da NSU. O caso de Zschape e compañía foi moi soado en Alemaña, tras poñer en evidencia numerosos erros de investigación. Foron tamén moitas as voces que acusaron ao estamento policial de racista, tendo en conta que os investigadores sospeitaron nun primeiro momento dalgúns familiares das vítimas.