Este martes as farmacias viviron momentos de tensión e inestabilidade o non poder acceder, debido a un fallo do sistema informático, ó sisttema de expedir recetas. O servicio quedou inutilizado sobre as 10 da mañá, e non se reactivou con certa normalidade ata as 15 horas.
Fontes do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña informaron que o sistema de receita en Galicia «non estivo dispoñible» e que inicialmente se puido dispensar medicación «a través da web de continxencia», aínda que funcionou de forma «moi inestable».
Finalmente, a incidencia quedou resolta pasadas as tres da tarde.
Este problema informático rexistrado na plataforma de expedir receitas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) afectou as farmacias de toda Galicia.