Cae en Vigo o primeiro premio da lotaría deste sábado

O primeiro premio da lotaría nacional do sorteo deste sábado vendeuse nun estanco da cidade, en concreto da Travesía de Vigo. O número agraciado, o 88.567, foi premiado cunha serie valorada en 600.000 euros, é dicir, 60.000 euros por décimo. A menos dun mes para o Sorteo Extraordinario de Nadal, Vigo e comarca collen carrerilla. Este pasado xoves, a administración redondelana A Coca de Ouro repartía de forma íntegra na localidade 300.000 euros, pero este sábado a urbe viguesa duplicou a cantidade: 600.000, aínda que se descoñece se se venderon os dez décimos da serie premiada co número 88.567.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha