“Facer unha valoración de catro cuartos e dúas prórrogas que se decanta por 2 puntos…”con estas palabras comparecía o adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández ante os medios ao finalizar o partido do domingo 15 de decembro. E é que cando perdes de 2 puntos un partido, que da mesma maneira puideches levarche, onde os pequenos detalles sempre amentados tanto no baloncesto como en especial na liga ACB deciden, sobran as palabras. Conclusión: 102-100. Partido onde prevaleceron as defensas, intenso, vivo, de corpo a corpo. Onde cada punto pelexábase con gran intensidade e que ao final, saíu cruz para os composteláns. Empezaba o cadro galego cun 0-8 de parcial no minuto 2, respondido tras tempo morto de Katsikaris con outro parcial de 11-2. Concluía o cuarto cun triplo de Álvaro Muñoz que poñía o 19-22 para os visitantes. No segundo cuarto os amarelos subiron a intensidade. Polo bando galego emerxía Kravic(17 puntos, 6 rebotes e 16 de valoración). Levaba o partido ao ecuador con táboas no electrónico, 40-40. Tras o paso por vestiarios, Gran Canaria saía fortísimo. Recuperaba o acerto no tiro exterior e poñía o marcador en máxima vantaxe, cun perigoso 54-45, minuto 25. Xurdiu entón a figura do pivote eslovaco Brodziansky( 24 puntos, 5 rebotes e 28 de valoración), excelso en ataque, collendo a substitución do serbio Deixan Kravic. Isto, unido ao axuste defensivo obradoirista, pechaba o terceiro cuarto nun ajustadísimo 59-58 para o equipo canarión. Último cuarto cos destacados Harper, máximo anotador do partido e Costello, MVP do encontro( 25 puntos, 14 rebotes e 35 de valoración) implacables. Catro puntos de vantaxe para os locais na metade do último acto. Tendo que ser contrarrestada por 2 triplos de Magee, os únicos anotados o domingo (2 de 8), que ao cabo parecían case definitivos, 71-73.Non puido ser, Harper desde a liña de persoal volvía empatar o marcador e Brodziansky taponaba o último balón para selar o 73-73 e iniciar a primeira prórroga. E foi nesta primeira prórroga onde Obradoiro tivo a súa opción máis clara. A falta de 15 segundos, e gañando de 3, De Zeew forzaba un pase longo que roubaba Harper. Rápido balance para que Costello volvese empatar cun triplo, 87-87. A pesar de todo Obradoiro dispuxo de balón para gañar o partido pero Pozas erraba o seu intento triplo e novamente o partido víase abocado ao seu segundo tempo extra. Unha segunda prórroga que finiquitaba o partido. Triplo de Burjanadze para adiantar a Herbalife Gran Canaria, 100-98. Brodziansky empata con 2 tiros libres. Balón para os amarelos e Harper aproveitaba un desaxuste defensivo galego para cun mate poñer o 102-100 final. Aínda tivo tempo Obradoiro para tentar un triplo, pero Magee, ben defendido, fallo. Saíu cruz e Obradoiro, que xogou ben non só perdeu o partido senón tamén unha gran oportunidade para poñerse á espreita de conseguir o billete para xogar a Copa do Rey de Málaga. Xornada 13 e posto 13 para os de Santiago, que aínda teñen un colchón de 5 equipos por baixo e 2 vitorias por encima do descenso. Próxima oportunidade para seguir sumando, este sábado en Sar ante Fuenlabrada ás 20.30 h. Partido dos que valen dobre, para o obxectivo número uno do Obra, que non é outro que a permanencia. Aínda así, se se consegue unha boa serie, pódese soñar.
ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO