Cae parte do muro dunha vivenda en Santiago

1 minutes read

A caída dun muro medianeiro que facía de límite entre os números 9 e 11 da rúa do Coto, no barrio compostelán de Fontiñas, desprendeuse á primeira hora da mañá deste venres sen deixar danos persoais. Máis tarde, o Concello de Santiago ordenou paralizar as obras que se realizaba a carón, tal e como confirmou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, tras unha visita á zona.

Os feitos ocorreron pasadas as 6,00 da mañá e, nese momento, había unha familia no primeiro piso da vivenda afectada que non sufriu ningún dano. Iso si, tivo que ser desaloxada a outro domicilio duns familiares e por agora non poderán acceder ao inmoble, segundo informaron fontes municipais. A familia afectada tardará máis dun mes en volver á casa.

A administración local tamén ordenou encher o oco que favoreceu o desprendemento do muro até a planta baixa, para así “asegurar a estabilidade” da edificación afectada. A rúa do Coto permanecerá cortada ao tráfico e só poderán transitar por ela os residentes e usuarios dos garaxes desa mesma zona. Iso si, estará prohibida a circulación xusto no ángulo onde se están levando a cabo as obras.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?