Cae un guindastre dunha obra na terraza dun bar en Fisterra

dpm.

O aparello, que levaba tres meses instalado e traballando, precipitouse contra a terraza cando estaban a levantar unha viguetas para unha obra que están a facer no edificio lindeiro. Segundo o operario do guindastre, un fallo dos mecanismos de seguridade puido causar o accidente.

A terraza do bar onde fan o churrasco quedou desfeita cando o guindastre de 18 metros que estaban a empregar na obra que está a carón lle caeu enriba. A familia que rexenta o local estaba dentro. Deuse a feliz casualidade que estaban na esquina máis afastada da terraza polo que se salvaron de milagre. Tamén porque parte do aparello bateu na parede da casa onde quedou apoiado polo que a estructura non caeu totalmente ao chan. Aos danos do local hai que sumarlle os de dous coches que estaba aparcados fronte o bar. A Garda Civil investiga o acontecido.