Cae un premio millonario do Euromillón en Ourense

O sorteo do Euromillón deixa un premio millonario en Ourense. Unha aposta de cinco euros para un premio dun millón. É a boa nova coa que este mércores daban a benvida aos seus clientes nunha céntrica administración de lotería na rúa do Paseo de Ourense. Nada se sabe polo de agora do agraciado ou agraciada no último sorteo do Euromillón, pero din que nada se consegue sen intentalo, así que hoxe moitos seguen a probar sorte. Non faltan os parabéns para a propietaria da administración e o soño de entrar algún día nese grupo de afortunados a quen lles sorriu a sorte.

Inés dividíase hoxe entre atender os medios e responder aos moitos parabéns que recibía dos seus clientes. Nada menos que un millón de euros deixou aquí o último sorteo do Millón, que vai asociado ao do Euromillón cada martes e venres. Unha longa ringleira ocupaba este mércores as portas da administración, situada en pleno centro de Ourense. Todos á procura dunha sorte que pode estar a volta da esquina.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha