Cae unha ponte en obras na A-6, á altura de Pedrafita

Trátase da ponte dos Castros, situada na autovía do Noreste (A-6), a carón de Pedrafita do Cebreiro, na mañá deste martes caeu sen que se producisen feridos. Ocorreu á altura do quilómetro 431, en sentido A Coruña. O viaduto levaba en obras dende hai aproximadamente un ano, debido aos danos estruturais detectados na súa construción. Os técnicos tratan de buscar as explicacións a este derrubamento, duns 50 metros de lonxitude.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha