Cae unha rede de estafadores online tras unha denuncia presentada en Sada en 2018

3 minutes read

A Garda Civil, no marco da operación Imopail, desmantelou unha rede de estafadores da compraventa online con 29 detidos. Considéraselles autores dun delito continuado de estafa, delito de blanqueo de capitais e pertenencia a organización criminal.

Os falsos compradores utilizaban o coñecido método de estafa nigeriana polo que lograban a confianza do vendedor para que este lles enviase o produto que tiña en venda. Para iso remitíanlle xustificantes falsos de pago, utilizando plataformas de pago fraudulentas, con aspecto moi similar ás reais.

Para non levantar sospeitas, tamén facían chegar falsos documentos de identificación ao comprador, e sempre aceptaban o prezo do productor sen negociar.

Unha rede nacional

Esta organización delituosa contaba cunha rede de «mulas» informáticas distribuídas por todo o territorio nacional. De feito, aínda que a operación estivo dirixida desde as Comandancias de Bizkaia e A Coruña, a investigación necesitou a colaboración dos equipos de 10 provincias máis.

En concreto, as detencións tiveron lugar nas provincias da Coruña, Bizkaia, Salamanca, Barcelona, Almería, Illes Balears, Asturias, Burgos, Badajoz, Cidade Real, Madrid e Cádiz.

En outubro de 2018 iniciouse a investigación tras unha denuncia presentada por un veciño de Sada (A Coruña), na que o denunciante manifestou que se apoderaron ilícitamente dun teléfono móbil que tiña á venda por internet.

Con esta primeira detención do autor, os investigadores puideron identificar a todos os membros do nivel máis baixo da estrutura, as «mulas» informáticas que se organizan en pequenos clans familiares ou de amigos.

Eles son os destinatarios que reciben a mercancía dos vendedores e que, en canto a teñen no seu poder, a revenden en tendas físicas de compraventa de segunda man.

O beneficio obtido debían repartilo co seu contacto do chanzo superior, enviándolle a parte deste por empresas de servizos financeiros. A Garda Civil identificou a 18 destas «mulas» económicas, e que residían na cidade de Ibadán (Nigeria).

Consellos preventivos

Debido á normalización de internet á hora de comprar e vender produtos, os estafadores fixeron da rede o seu lugar de traballo. Os internautas debemos estar alerta para non caer nos seus enganos. A Garda Civil recomenda:

  • Desconfiar si a plataforma para establecer o pago conta con logos da Garda Civil, da Policía Nacional ou de calquera outro Corpo de Seguridade.
  • Si é posible, mellor realizar a entrega do artigo que venda en man.
  • Utilizar empresas de transporte oficial do portal de compraventa se a ten ou na súa falta envío contra rembolso.
  • Asegurarse de recibir o diñeiro, e non aceptar retención do diñeiro por terceiros de confianza, salvo estar totalmente seguro de usar método ou pasarelas de pago coas que traballe habitualmente e das que coñece a metodoloxía de traballo.
  • Non realizar pagos directos a teléfonos móbiles, ou con extracción de diñeiro.
  • Nunca proporcionar datos persoais e bancarios. Convén recordar tamén que, nun pago online, a transferencia bancaria non é un método seguro.
  • Non facilitar en ningún caso copia do seu DNI para comprar artigos.
  • Cando se pacte a venda, e en especial si o vendedor ou comprador facilita rápidamente o DNI (pode ser doutra persoa) solicitar unha conversación telefónica (video chamada) co vendedor ou comprador.