A Garda Civil e os Mossos d’Esquadra desmantelaron en Cataluña unha rede de narcotráfico que branqueaba cartos comprando material para fabricar ‘narcolanchas’. Unha das empresas ás que recurrían está en Pontevedra. Na operación detivéronse 13 persoas e incautáronse máis de tres toneladas de haxís. O grupo compraba cascos, motores e outros elementos de navegación a diferentes empresas náuticas españolas e estranxeiras para logo construír en talleres clandestinos as ‘narcolanchas’.
Deste xeito, a rede podía branquear os beneficios que obtiña coa súa actividade delictiva, segundo cálculos dos investigadores máis de dous millóns de euros. Na operación, os axentes rexistraron o pasado 15 de marzo a empresa naútica situada na provincia de Pontevedra. Na operación contra esta suposta rede de narcos, que actuaba en varios puntos de Cataluña, tamén interviñeron uns 80.000 euros en metálico e interceptaron varios transportes de haxix procedentes de África mediante ‘narcolanchas’, entre eles unha partida próxima ás dúas toneladas en febreiro pasado en Tossa de Mar (Xirona) e outra en Almería.