Caída histórica do 5,2 % na economía española

Non hai precedentes dunha caída tan grande da economía española desde que o Instituto Nacional de Estatística comezou a recabar datos nos anos 70. Algúns expertos cren que habería que remontarse á Guerra Civil e a posguerra para atopar unha contracción económica tan forte.

O produto interior bruto caeu un 5,2% no primeiro trimestre do ano e respecto ao mesmo período do ano anterior. E iso que só reflicte os efectos dos primeiros quince días de confinamento coa conseguinte parálise da actividade, a caída do consumo dos fogares, do investimento e das exportacións.

O Goberno lembra que as previsións dos organismos internacionais sinalan que a economía mellorará no terceiro trimestre do ano. No conxunto da zona euro a caída trimestral do PIB foi do 3,8%. Como España tamén caeron por riba da media os países máis afectados pola pandemia. Italia un 4,7% e Francia un 5,8%.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha