Caída histórica do desemprego en España

PIXABAY

No mes de xuño o número de desempregados baixou en preto de 167.000 persoas. É o maior descenso mensual que se rexistrou segundo o Ministerio de Traballo. A Seguridade Social gañou en xuño uns 233.000 afiliados de media. Co que o volume total de desempregados queda en máis de 3.614.000.

O paro caeu en todos os sectores salvo na agricultura que polas súas características estacionais subiu nuns 1.900 desempregados. O sector que máis se beneficiou do aumento do emprego foi o sector servizos onde o número de desempregados baixou en máis de 130.000. Respecto a a creación de emprego, a maioría deles foi no sector da hostalería, pero tamén creceron nas actividades recreativas e entretemento e na agricultura.

O dato de paro de xuño, do mesmo xeito que que outros meses, non inclúe aos traballadores que se atopan en suspensión de emprego ou redución horaria como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego que son case 450.000 persoas.