A Laracha | A cultura urbana instalarase en Caión o próximo 10 de setembro

PIXABAY

  • Haberá obradoiros de breakdance, freestyle football e beatbox a partir das 17:00 horas

O Concello da Laracha, no marco de actividades en torno ás Festas dos Milagres, programou unha xornada de cultura urbana para o vindeiro venres, 10 de setembro. Baixo o mando da entidade Vella Escola, en Caión realizaranse obradoiros e actividades dirixidas a mozos de máis de 13 anos. Nun primeiro momento o evento ía celebrarse na capital municipal pero finalmente foi trasladado á vila costeira, en concreto á zona verde situada nas inmediacións do acceso principal á praia das Salseiras.

A partir das 17:00 horas desenvolveranse tres obradoiros de breakdance, freestyle football e beatbox que se levarán a cabo de forma simultánea por dúas horas. Para participar nos mesmos será necesario inscribirse previamente na web municipal. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

Posteriormente, ás 20:30 horas, terá lugar o espectáculo Ópera Break´s, unha función onde se fusionan diferentes disciplinas artísticas como a ópera cantada en directo coa voz de Esperanza Mara, o breakdance, o beatbox e un Dj. A asistencia está aberta a todos os públicos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha