A Peña Royal de Caión prepara a Festa do Cocido para o vindeiro sábado, 14 de marzo. Unha cita que se desenvolverá no polideportivo municipal a partir das 13:00 horas co aperitivo musical que amenizará o Grupo Kalima 3.0.
Despois do xantar celebraranse unha serie de xogos e sorteo de agasallos para todos os asistentes. O colofón virá cun baile de tarde a cargo de Kalima 3.0.
Para asistir hai que facerse cos tiques de xeito anticipado nos locais colaboradores, que son Zarra, Furna Atlántica e Club do Mar, ademáis da panadería Maceiras, ou Guadalupe na Laracha e O Piñeiro en Chamín. Tamén é posible facerse cos pases contactando cos membros da Peña Royal.
Na cita gastronómica colabora o Concello de A Laracha.
Promo da Festa do Cocido de Caión.Cartel do evento.