38
CaixaBank, a través da Obra Social “la Caixa” colabora un ano máis cos proxectos sociais impulsados polo Concello de Vimianzo. Achegará 6.000 euros para empregar en accións encamiñadas á promoción económica e á creación de emprego de persoas con difucultades de inserción no rural.
Son actividades de asesoramento, formación e dinamización, enfocadas ao desenvolvemento persoal e a reflexionar sobre como aproveitar a contorna, en especial o patrimonio cultural, para crear unha actividade económica ou atopar un emprego.
En total, nos útimos cinco anos, CaixaBank concedeu 25.500 euros de axuda ao Concello para levar a cabo iniciativas sociais.