Caixabank Carballo doa 5.000 euros á asociación antidroga Vieiro

Cedida

  • Este apoio económico irá destinado, principalmente, á prevención das condutas adictivas

Este venres, a directora da oficina de Caixabank en Carballo, Ana Mourelle Vázquez, entregou un donativo por un importe de 5.000 euros á asociación antidroga Vieiro, en cuxa representación asistiron a súa presidenta, Fina Rey Baldomir, e membros da xunta directiva como Mª del Pilar Mata Fernández Balbuena e Susana Couto Ramos.

Vieiro agradece este apoio económico que irá destinado «á prevención das condutas adictivas, cuxos beneficiarios directos son os mozos e as súas familias, así como para todos aqueles problemas causados polas adiccións», sinalan desde a entidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha