Caixabank Carballo reafirma o seu compromiso coa asociación Vieiro

1 minutes read

A subdirectora da oficina de Caixabank de Carballo, Begoña Timiraos Castro, fixo entrega á secretaria da asociación Vieiro, Mª do Pilar Mata Fernández-Balbuena, en representación da Xunta Directiva da entidade, dun donativo por importe de 3.000 euros, cantidade que suma unha importante axuda e significa para Vieiro un gran aliciente para poder continuar o seu principal propósito, sustentar os recursos necesarios para atender as numerosas demandas que sobre o tema de condutas adictivas se producen.

A directiva da asociación Vieiro expresa unha vez máis o seu agradecemento á Obra Social da Caixa pola xenerosidade dispensada a través deste apoio económico que vai destinado a programas de prevención de condutas adictivas con e sen substancia, cuxos/as beneficiarios/as directos/as, son nenos/as, mozos e familias, así como para todos aqueles problemas causados polas adiccións.

Accións como as de Caixabank poñen de manifesto a sensibilidade no labor que desenvolven non esquecendo as necesidades que ten a sociedade. As súas achegas son básicas para o desenvolvemento de numerosas demandas sociais derivadas polas condutas adictivas.