Caixabank e Acción Social da Fundación “la Caixa” colaboran con Aspaber

0 minutes read

Ángel Santos Calvo, director de CaixaBank en Carballo, e Gonzalo Balseiro, responsable de Acción Social en Galicia da Fundación “la Caixa”, fixeron entrega na sede de Aspaber dunha subvención de 5.000 euros.

Esta achega estará destinada ao proxecto de elaboración de materiais adaptados para as persoas usuarias dos diferentes centros da organización, que están a desenvolver en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

Un impulso moi importante para seguir avanzando na creación de recursos máis accesibles e adaptados ás necesidades das persoas con necesidades.