CaixaBank pacta un ere para 6.452 empregados


A dirección e os sindicatos de CaixaBank chegaron a un acordo sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) derivado da fusión con Bankia, o maior da historia da banca española, que rematará con 6.452 extincións de contratos en España. Tras un maratón negociador a dirección do banco e os sindicatos prolongaron a negociación ata lograr este xoves un pacto que evita despedimentos forzosos e contempla prexubilacións a partir dos 52 anos. O pacto contempla tamén 570 recolocacións directas en empresas do grupo e 138 vacantes en filiais que se ofrecerán a todo o persoal.