Caldas, Cuntis e Moraña, reciben case 400 mil euros pola explotación do encoro do Umia

1 minutes read

Mediante un convenio coa Xunta, os tres concellos benefícianse anualmente desta achega económica, a través de Augas de Galicia, para o financiamento de actuacións educativas e sociais nestes tres municipios da provincia de Pontevedra.

No convenio tamén participa como entidade colaboradora a Deputación Provincial de Pontevedra, que asume o labor de administrar estes fondos autonómicos entre os tres concellos e de velar pola súa correcta aplicación.

A cantidade achegada por Augas de Galicia é de algo máis de 130.000 euros para cada un destes municipios, que poderán financiar con cargo a estes fondos actividades educativas e sociais que se organicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro deste mesmo ano.