Este ano estivo composto dun guiso de lapas e mexillóns con patacas, un prato tradicional da cociña mariñeira. Carmen, a cociñeira do restaurante O Esqueiro, levou a batuta nos fogóns para deleitarnos cun prato que representa todos os valores da dieta atlántica e no que, unha vez máis, se fusiona olería e mar para ofrecer unha mestura que só é posible no concello de Malpica.
Nesa fusión intervén un terceiro elemento: a cociña. Este venres celebrouse un showcooking no que os cociñeiro Óscar Ures, do restaurante A Cunca, e David Vilariño e Alberto Alvedro, da Taberna do Campo, volveron a poñer en evidencia o ben que “maridan” gastronomía e olería de Buño. Ceviche de corvina, polbo sobre tosta de pan de cereais e carne asada a 100 graos durante tres horas con verduras foron, con moitísimos máis matices, os tres pratos que puideron degustar as persoas que conseguiron praza, xa que estaban limitadas.