Calviño: ‘Ata o último minuto vou estar comprometida co meu país’

A vicepresidenta primeira e ministra española de Economía, Nadia Calviño, cualificou de «gran noticia» a súa designación como futura presidenta do Banco Europeo de Investimentos (BEI), cargo ao que se incorporará o próximo 1 de xaneiro, e comprometeuse a seguir traballando «ata o último minuto» como vicepresidenta do Goberno de España. Calviño, que será a primeira muller en presidir o BEI desde a súa fundación en 1958, foi elixida polos países da Unión Europea para relevar no cargo ao alemán William Hoyer, unha carreira na que se impuxo á vicepresidenta da Comisión Europea, a danesa Margrethe Vestager. Nunha entrevista en TVE, Calviño sinalou que tanto ela como o presidente, Pedro Sánchez, confiaban no seu nomeamento porque «tiñamos apoios fortes e unha candidatura forte». Aínda así, cualificou os meses transcorridos desde a presentación da súa candidatura como «moi intensos» e afirmou que a designación é «unha gran noticia para o noso país».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha