Calvo Basket Xiria ‘arrasa’ ao Baloncesto Narón (100-42)


Os afeccionados carballeses que acudiron ao Vila de Noia a gozar dun partido de baloncesto tras o parón do Nadal, puideron vibrar co xogo do seu equipo. Un Calvo Basket Xiria que, tras a súa serie de vitorias, recibía ás 17:00 horas ao Baloncesto Narón e empeñábase en seguir sumando e crecendo como equipo. Fíxoo con contundencia case triplicando en puntos ao seu rival. Con parciais de 25-10, 28-6, 25-13 e 22-13, o Calvo Basket Xiria lograba unha nova e neste caso ‘esmagadora’ vitoria ante o Narón por 100-42. Diego López foi o xogador Calvo da xornada.