Calvo Basket Xiria enfróntase ao Gijón na súa saída de LigaEBA

1 minutes read

Saída complicada a casa dun dos conxuntos chamados a ascender, balance vitorias 3 a 1, que veñen de perder o seu primeiro partido en León. A cita o sábado ás 20 horas no Pavillón Palacio dos Deportes de Gijón.

Xogan cun gran ambiente no seu Pavillón, onde gañaron claramente a equipos “fortes” do Grupo, coma Porriño e Chantada. Contan cun grupo de xogadores con experiencia en ligas superiores (Leb Plata e Ouro) e será un equipo complicado para gañar, pero que si se traballa ben e con gañas, todo pode pasar.

Durante a semana nos adestramentos o Calvo Basket Xiria traballou ben e con intensidade, pero perde por lesión a Pablo López-Pizarro (por varias semanas), ao que dende aquí, desexamos una pronta recuperación. Ausencia importante (11 ptos. e 7 rebotes de media), non so pola súa aportación, senón que polo que ofrecía no xogo colectivo do equipo. Tampouco poderá contar coa presencia de Alberto Rodríguez, por asuntos familiares .

Sen caer nas escusas, xa que grazas ao traballo, durante o verán, da Dirección Deportiva e Fernando Buendía, a plantilla é ampla e contará cun equipo completo de 12 xogadores. Xa que o Calvo Basket Xiria ten xogadores preparados para cubrir estas baixas e dar ese plus de xogo que necesitan para este partido! Convocatoria: ALI, JOVAN, JORGE , RUBEN, OSCAR, ASIER, VANEGAS, MARTIN, JAVI SOUTO, MANU REY, GUILLAMET e PEDRO RUSSEL.

CBX tentará mostrar a sua mellor cara e conseguir a 4ª vitoria, polo que seguirá esforzándose na defensa, mellorando a nivel ofensivo e si son capaces de correr, para desarrollar a sua forma de xogo, podererán acadar unha nova vitoria.