Partido correspondente á 7ª xornada, aprazada no seu día polo Gijón Basket, e que se xogará este mércores día 3 de febreiro ás 20:00 horas no Pavillón Vila de Noia de Carballo.
Último partido da primeria volta, na que os xogadores de Fernando Buendía, tras dúas derrotas consecutivas, intentarán deixar a vitoria na casa, ante o conxunto xixonés vido a máis, que se atopa nunha cómoda cuarta praza, con 6 vitorias e 3 derrotas, fronte a 4/5 dos carballeses.
Poderemos ver dous grandes duelos entre o 3ª e 4ª máximo reboteador da Liga EBA – Grupo AC, que son José Antonio López e Mamadou Diagné por parte do Calvo Xiria. Tamén o duelo entre o base do conxunto carballés Bruno Pallotti, segundo máximo anotador, por detrás do xixonés Fernando Fernandez… duelos apaixoantes!!!.
O partido será retransmitido en directo a través do seguinte enlace: