A cita será este sábado ás 20:00 horas no pavillón Vila de Noia de Carballo, onde o Calvo Xiria quere dar un paso de xigante no seu obxectivo final. Para iso, deberá gañar a un Lanzarote que chega segundo clasificado na xeral.
O conxunto lanzaroteño, moi reforzado esta tempada, con fichaxes de renome e que cambiou o seu estilo de xogo con respecto á primeira volta. Apostando por un maior ritmo, e procura de xogo cara zonas exteriores.
O Calvo Xiria, chega á cita cos mesmo nomes que en citas pasadas; pero con fantásticas noticias no apartado de baixas; onde Gabriel Castiñeiras vai collendo a forma e segue adestrándose á marxe e Aaron Rodríguez deberá pasar por quirófano para facerse unha artroscopia dunha lesión que xa dura máis de ano e medio e que o estaba limitando á hora de xogar. Isto quere dicir que o adestrador carballés Adrián Dubra; poderá dispoñer para a parte final da tempada de todos os xogadores fóra de Ramón.
O Calvo Xiria, mellorou os seus números nesta segunda volta; sendo un dos equipos que menos goles encaixa e o que máis goles mete. A confianza depositada nas tarefas defensivas, e o traballo de colaboración coa portería será fundamental neste partido. Os xogadores esperan que o público no Vila de Noia sexa un xogador máis, nun choque que aclararía e moito a clasificación para os intereses do equipo carballés.