Emocionante encontro o que se vivirá este sábado no Vila de Noia. Ás 20:00 horas, Calvo Xiria e Oar Coruña, enfróntanse nun derbi con máis de dous puntos en xogo. A rivalidade no aspecto deportivo destes dous conxuntos, será un aliciente máis que engadir a un partido onde o Calvo Xiria podería ser matematicamente equipo de fase de ascenso.
Un Oar Coruña, que presenta en Carballo; un equipo diferente ao da primeira volta, Josep Quirós e Francesco Aragona, dúas primeiras liñas con capacidade para xogar en categoría superior incrementan a calidade do cadro coruñés.
O Calvo Xiria terá a todos os seus homes dispoñibles, para esta gran cita. As transicións e e a efectividade no xogo posicional, serán moi importantes no devir do encontro.
A nota emocional, xogará a cargo da afección. Que deberá facer vibrar o Vila de Noia, nunha tarde repleta de balonmán.