Nesta exposición pódese observar xoiaría en madeira, en prata ou noutros materiais, a máis exquisita olaría de Buño ao abrigo do Encaixe de Camariñas, pero tamén tocados, accesorios ou as tan peculiares creacións da ONG Egueire, con motivos chegados de Costa de Marfil.
A alcaldesa, Sandra Insua, destacou o “inmenso traballo que artesáns e encaixeiras realizan para conxuntar pezas únicas, e que desde agora estarán a disposición do público que se achegue ata o Museo do Encaixe”.
A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, reafirmou a “aposta que tivemos desde a Mostra por aunar artesanía e encaixe. Ao principio podía parecer unha utopía, pero hoxe é unha realidade e un dos maiores éxitos de pasarela na última edición da Mostra”, sinalou.
Dolores Lema, directora da Mostra, avanzou que “nesta exposición hai pezas únicas e todas de altísima calidade, xa que están feitas unha por unha e todas a man. Non hai outras iguais no mundo e temos a sorte de expoñelas o público na Aula do Palillo Raquel Moreira. Para nós é unha auténtica honra”, concluíu.