Camariñas | A piques de rematar o cambio da faciana da avenida Eugenio López

0 minutes read

O Concello de Camariñas está a traballar en diferentes puntos, na humanización e no adecentamento de varias rúas e prazas da vila, entre elas na avenida Eugenio López, ubicada diante do pavillón, que xa case está rematada, coa previsión de reanudar o tráfico a partir do vindeiro luns 1 de febreiro.

Con esta intervención mellorarase a seguridade viaria, destacan desde o goberno local, ao facilitarlle o estacionamento a aqueles pais ou nais que acoden diariamente ao CEIP O Areal para recoller aos seus fillos.