Camariñas | A praia de Arou, o Museo Man de Camelle e o Faro Vilán xa teñen distintivo azul

Cedida

  • O areal larachés de Caión tamén conseguiu a bandeira azul pola excelencia das súas augas e servizos

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, participou este mércores no acto de entrega das bandeiras azuis de Galicia que se celebrou en Marín e ao que acudiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O distintivo volveu recaer este ano na praia de Arou, aínda que tamén foron recoñecidos o Museo Man de Camelle e o Faro Vilán (este último por primeira vez) como Centro Azul.

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, acompañado do tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, tamén se achegou ata Marín para recoller a bandeira azul que recoñece a excelencia das augas e dos servizos prestados no areal de Caión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha