Camariñas | A senda para unir Area da Vila e Lingunde non afecta ao castro desta última

Obras no castro de Lingunde_Cedida

  • A Dirección Xeral deberá autorizar o informe presentado en Patrimonio para que Costas licite o proxecto

O Concello de Camariñas confirmou mediante un estudo arqueolóxico que a futura senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao xacemento arqueolóxico da Punta dos Castros. O informe xa se presentou en Patrimonio para que a Dirección Xeral o autorice e así se poida proceder á licitación por parte de Costas do Estado.

As actuacións iniciais para comenzar as obras incluíron a limpeza manual da vexetación por parte dos operarios municipais, efectuada baixo control arqueolóxico.

O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destacou que “esta vía, pola que discorre o Camiño dos faros, permitirá mellorar a seguridade dos viandantes, ademais de ver colmada unha demanda que viña de anos atrás”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha