- O prazo para inscribirse remata o próximo 3 de febreiro
O Concello de Camariñas abriu este martes o prazo para apuntarse ao curso de salvamento e socorrismo acuático. Organizado pola Deputación Provincial da Coruña, vai dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.
Impartiranse dúas actividades formativas no Centro de Formación da Cruz Vermella, na Coruña. Unha será sobre espazos acuáticos naturais e outra sobre socorrismo en instalacións acuáticas, con asistencia obrigatoria en ambas para obter a titulación. Son cursos gratuítos e con dereito a unha bolsa de 8 euros diarios. Seleccionaranse a 6 candidatos ou candidatas como máximo no municipio.
O prazo para presentar solicitudes vencerá o 3 de febreiro ás 14:00 horas.
Aquelas persoas interesadas deberán presentar a documentación pertinente na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas, situada provisionalmente na Casa do Concello. Cómpre pedir cita previa chamando ao 981 73 60 00.
