No Día Internacional do Voluntariado, o acto correu a cargo dunha representación dos sectores que máis traballaron durante o confinamento: Protección Civil, as caixeiras do municipio e as auxiliares de Axuda no Fogar. A alcaldesa, Sandra Insua, subliñou que a iluminación de Nadal chegará outro ano máis a todas as parroquias do concello.
No acto a rexedora destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión” e “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles”.
Instaláronse elementos decorativos tanto nas rúas como nas prazas e nos diferentes espazos públicos de todo o municipio.