Camariñas acolle as fases finais do Campionato Provincial e da 2ª División Infantil Feminina de balonmán

O Concello de Camariñas será a sede das fases finais do Campionato Provincial A Coruña de balonmán (que terán lugar o 25 e 26 de maio) e a fase final galega da 2ª División Infantil Feminina de balonmán (24, 25 e 26 de maio). Ambas competicións xogaranse no pavillón municipal de Camariñas.

“O feito de acoller este tipo de eventos amosa o compromiso do Concello e da súa veciñanza con este deporte, moi practicado na zona”, expresou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, no acto de presentación destas competicións. Ao evento tamén acudiu o concelleiro de Deportes, Jose M. Canosa, que manifestou “a ilusión de poder albergar competicións coma esta. Agardamos que os camariñeses e camariñesas, así como xente de outros lugares, se acheguen a gozar desta festa do balonmán”.

Na presentación do programa tamén estiveron o presidente do Club Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, o delegado provincial da Federación, Borja Tajes, e o responsable de competicións da Federación, Jesús Varela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha