Camariñas acolle un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres

O Concello de Camariñas acollerá un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres. A presentación terá lugar o venres 11 de novembro ás 16:30 horas na pranta baixa da Casa de Pedra e os requisitos para participar son: ser muller e estar en situación de desemprego ou inscrita como demandante de mellora de emprego.

As participantes recibirán formación en competencias dixitais e, ademais, levaranse unha tablet de agasallo. Para máis información as interesadas poden consultar en www.mullerdixital.gal, escribir a promotor3@mullerdixital.gal ou no teléfono 621 180 898.

Muller Dixital é un programa financiado con fondos Next Generation da Unión Europea e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha