O Concello de Camariñas acollerá o 17 de xaneiro de 2023 a xornada ‘A administración preto de ti’, unha iniciativa do Ministerio de Política Territorial do Goberno de España que pretende asesorar á cidadanía sobre os trámites dixitais e onde os asistentes poderán obter o seu certificado electrónico.
Este programa, que terá lugar ás 11:30 horas na aula de informática do Centro de Iniciativas, é gratuíto será impartido por persoal da Subdelegación do Goberno da Coruña. Para asistir é necesario anotarse na Área de Emprego e Desenvolvemento Local de Camariñas, no teléfono 981 737 004, de xeito presencial na Casa de Pedra ou no correo electrónico adl@camarinas.net.
Achegaranse trámites da administración pública para aprender a realizalos na Internet e facilitarase que as persoas asistentes obteña un certificado electrónico, concretamente o que expide Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, para o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos.
