Camariñas acolleu a presentación do libro «El tesoro de Brando»

1 minutes read

Este venres foi presentado en Camariñas «El Tesoro de Brando», último traballo do presidente de xeólogos de España, Manuel Regueiro González-Barros, un xeólogo afincado en Madrid con raíces carballesas e que goza dos veráns en Corme, dous factores que fortalecen ese vínculo tan especial que mostra pola Costa da Morte. A presentación contou coa presenza, no Museo do Encaixe de Camariñas, do propio autor do libro, Manuel Regueiro González-Barros, da traductora Julia Ures Villar e do xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní.
Á presentación acudiron tamén a concelleira de Cultura de Camariñas, Encarna Liñeiro, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa e a responsable do Museo Man de Camelle, Andrea Serodio.