- A organización segue buscando modelos para o desfile de Jóvenes Diseñadores
A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e a facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC) estableceron un convenio polo que o alumnado do grao de Comunicación Audiovisual poderán ter como prácticas a realización dos vídeos da segunda Mostra Virtual.
Este mércores tivo lugar unha reunión telemática de presentación e organización do proceso de gravación das pezas audiovisuais do certame de Jóvenes Diseñadores, que se publicarán en Semana Santa. No encontro participaron as alumnas, Rosario Mourille, Noelia Fernández e Ángela Vanessa); o seu titor, Iván Puentes; a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro; e a directora do evento, Dolores Lema.
As gravacións comezarán en breve e levaranse a cabo en diferentes localizacións do Concello de Camariñas. A finalidade destes vídeos é promocionar a aplicación do encaixe na moda e a vangarda sen esquecerse das paisaxes do municipio.
Actualmente a organización da Mostra do Encaixe está a buscar modelos de Camariñas para participar nos vídeos, e calquera persoa que estea interesada en participar pode comunicalo por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net ou no teléfono 653 265 529.