Camariñas aproba un crédito extraxudicial de 276.000 euros para pagar facturas pendentes

Ayuntamiento de Camariñas

  • No pleno ordinario tamén se ordenou solicitar á Deputación unha subvención para a Mostra do Encaixe

Este venres a corporación municipal de Camariñas celebrou o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, no que entre outros temas se aprobou o recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 276.568,73 euros para facer fronte a facturas pendentes. O PSOE votou a favor mentres que o PP e o BNG se abstiveron. Por outra banda, e por unanimidade, acordouse solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para a Mostra do Encaixe. Votos a favor do PSOE e abstención do PP e BNG.

Na sesión plenaria tamén se deu luz verde á aprobación dos festivos locais para o ano 2022: 1 de marzo (martes de Entroido) e o 18 de xullo (festas da Virxe do Carme). A votación saíu adiante cos votos a favor do PSOE mentres que o PP e o BNG votaron en contra.