Camariñas | As obras de reurbanización da rúa Ínsua, na Ponte do Porto, iniciaranse en breve

1 minutes read
  • Este martes tivo lugar a formalización da acta de replanteo, paso previo ao inicio da obra

O Concello de Camariñas iniciará nos próximos días o proxecto de reurbanización da rúa Ínsua, na parroquia da Ponte do Porto, despois de que se formalizase este martes a acta de replanteo. Trátase dun documento necesario para iniciar as obras, que están valoradas en 41.720 euros e que servirán para pavimentar a vía e dotala de máis servizos para á veciñanza.

As intervencións contemplan a demolición do actual firme e a aplicación dun novo pavimento de formigón armado, así como a substitución e ampliación da rede de saneamento.

O tempo de execución dos traballos é de dous meses desde o inicio das obras.