Camariñas | Autónomos e microempresas reciben as primeiras axudas do PEL Reactiva

PIXABAY

  • Este mércores aboáronse 37.000 euros dun total de 85.581

O Concello de Camariñas comezou a ingresar as primeiras subvencións do plan de axudas cofinanciado pola Deputación da Coruña a través do PEL Reactiva, dirixido a autónomos e microempresas que sufriron as consecuencias da declaración do Estado de Alarma.

Deste plan beneficiaranse 56 empresas do municipio e xa se aboaron un total de 37.000 euros. Nos próximos días farase efectivo o resto, ata completar os 85.581 euros xustificados. Os adxudicatarios recibirán entre 1.500 e 3.000 euros segundo a puntuación concedida.

Os beneficiarios que aínda non enviasen ao Concello os certificados bancarios deben remitilos ao correo electrónico adl@camarinas.net. Máis información no 981 736 000.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha