Camariñas | Autónomos e microempresas xa poden solicitar as axudas do PEL Reactiva

Concello de Camariñas

  • O prazo remata o 25 de novembro e as axudas irán ata os 3.000 euros

Este venres abre o prazo no concello de Camariñas para que os autónomos e microempresas do municipio afectados polo estado de alarma soliciten as axudas do PEL Reactiva da Deputación da Coruña, que contan cun orzamento de 102.516,76 euros. A contía das axudas irá desde os 1.500 ata os 3.000 euros, dependendo do número de empregados.

Os solicitantes deberán cumprir algún destes supostos: ter cancelada a súa actividade polo decreto do estado de alarma; non pechar pero contar cunha redución de polo menos un 75% na facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 en relación co promedio efectuado no semestre anterior ao estado de alarma; ou acollerse a un ERTE.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, subministros (auga, luz, electricidade, combustible…), arrendamentos de locais, etc. Terá que xustificarse que están realizados desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020 con facturas e comprobantes de pago.

As solicitudes terán que enviarse a través da sede electrónica municipal polo que será necesario dispoñer dun certificado dixital para tramitalas. Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha