39
O Concello de Camariñas programa durante todo o verán noites de cine ao aire libre por todas as parroquias. A primeira proxección terá lugar este sábado en Xaviña, coa visualización de ‘El Rey León’. Será a partir das 22:00 horas na Praza da Igrexa ou na Casa da Sociedá se chove.
Sen embargo, houbo varios cambios. Tal e como informou o Concello, a seguinte sesión será a de ‘A Galiña Turuleca’ en Arou, prevista para o día 31 de xullo; quedando posposta para o venres 13 de agosto, na Ponte do Porto, a película ‘Quien a hierro mata’.