Desde o Concello de Camariñas emitiron un comunicado nas súas redes sociais no que afirman verse na obriga de comunicar que queda CANCELADA a celebración da festa do Caldo do Riola que estaba prevista para o vindeiro 30 de xullo.
«Levamos anos organizando esta festa, tan arraigada na Ponte do Porto, na que é imprescindible a axuda e colaboración de toda a veciñanza porteña».
No comunicado aluden a «circunstancias persoais» as que fan imposible que moitas veciñas e veciños poidan colaborar para o desenvolvemento da mesma. «Esperemos degustar o Caldo no 2023», conclúen.